CONVOCATORIA PARA PARTICIPAR NA 1ª FEIRA DA VILA DE NOIA, CAMIÑO DA ARTE
19,20 e 21 DE SETEMBRO 2025
(Homenaxe ao gran escultor noiés Felipe de Castro no 250 aniversario do seu pasamento).
BASES:
– Poderán participar a comunidade de artistas locais ou residentes en Noia, maiores de idade, que desexen expoñer e vender as súas obras incluíndo debuxo, obra gráfica (gravado, serigrafía e litografía), pintura e escultura con calidade e con un número de obras que sexan representativas do seu traballo coa finalidade de que esta 1ª edición resulte exitosa e poida ter continuidade en vindeiros anos, polo que deberán remitir mostras das súas obras en fotos JPG ao correo electrónico cultura@concellodenoia.gal .
– Prazo para remitir imaxes das obras: poderán remitirse ata o día 10 de setembro (incluído) ; o día 15 daranse a coñecer as persoas que serán seleccionadas.
– A presentación será o día 19 ás 19:00 h e continuará os días 20 e 21, de 11:00 a 14:00 h e de 17:00 a 20:00 h.no Claustro do Concello.
– Os/as artistas terán que estar presentes no seu espazo ou ben poden facelo a través da persoa que designen.
– Medios que facilita o concello: mesas de 2 X1 m onde se poden mostrar as obras e que terán que ser acondicionadas polos responsables de cada mesa participantes a partir das 16:00 h do día 19.
A finalidade desta feira é a de fomentar a arte local na nosa vila, berce de artistas.
Departamento de cultura
Concello de Noia