Concellería de Comercio e Industria
- Inicio
- Concellería Comercio e Industria
Tecendo Progreso
Dende a Concellería de Comercio e Industria que dirixe José Pérez, traballamos coa mesma dedicación e compromiso para promover o desenvolvemento económico sustentábel e fortalecer o tecido comercial e industrial da nosa comunidade. O noso obxectivo é crear un ambiente propicio para o crecemento empresarial e a prosperidade económica, impulsando así oportunidades para os nosos veciños.
Colaboramos estreitamente coas empresas locais para entender as súas necesidades e desafíos. Ademais de traballar arduamente para crear un entorno favorable para os negocios, eliminando barreiras e simplificando procesos, co obxectivo de atraer e reter investimentos no noso concello.
Por outra banda, apoiamos o comercio local, promovendo eventos e campañas que destaquen a riqueza e variedade dos nosos establecementos. Fomentamos a conexión entre os comerciantes e os consumidores, contribuíndo así á vitalidade das nosas rúas e á identidade única da nosa vila.
Inclusión e Vitalidade Comunitaria
Sen esquecer a importancia de crear sinerxías entre a industria e o comercio para estimular o crecemento económico. Polo que seguimos traballando para atraer novas oportunidades de negocio e para fortalecer a colaboración entre as empresas locais. A nosa visión é crear un ambiente onde a industria e o comercio prosperen en conxunto, garantindo un futuro económico sólido e dinámico para todos os nosos cidadáns.
Estamos comprometidos co progreso económico e co benestar da nosa comunidade. Ao traballar xuntos co sector empresarial e a comunidade en xeral, aspiramos a construír un concello economicamente vibrante e atractivo para todos.