Concellería de Educación
- Inicio
- Concellería de Educación
Promovendo a Educación con Compromiso
Dende a Concellería de Educación que dirixe Iván Lorenzo, traballamos con paixón e compromiso para asegurar unha educación de calidade e oportunidades de aprendizaxe en toda a nosa comunidade educativa. O noso obxectivo é fomentar o desenvolvemento integral da nosa mocidade, preparándoos para a vida e inspirándoos a alcanzar os seus soños.
Para lograr este propósito, mantemos unha estreita colaboración cos centros educativos e entidades educativas do nos concello.
Ademais, investimos en iniciativas que potencien o acceso á educación, ofrecendo programas de apoio e recursos adicionais para aquelas familias que poidan necesitar un reforzo económico ou de conciliación:
- Plan madruga.
- Axudas directas ao comedor.
- Gratuidade en actividades extra escolares xestionadas polo Concello.
Estamos comprometidos coa igualdade de oportunidades, traballando para eliminar barreiras e garantir que cada estudante teña a posibilidade de desenvolver todo o seu potencial.
A través de proxectos innovadores e colaboracións coa comunidade educativa, buscamos enriquecer o proceso de ensino-aprendizaxe e preparar aos nosos veciños para os retos do século XXI.
Estamos orgullosos de ser unha parte activa na formación das xeracións futuras, contribuíndo ao progreso social e económico do noso concello.