Conservatorio Felipe Paz Carbajal
- Inicio
- Conservatorio Felipe Paz Carbajal
Dende 1991
O Conservatorio Municipal de Grao Profesional de Música “Felipe Paz Carbajal” de Noia, ten a súa orixe nunha escola de música dependente do Conservatorio de Santiago de Compostela.
En 1991, debido ao interese do Concello de Noia e do seu Concelleiro de Cultura, Antón Avilés de Taramancos, solicítase á Consellería de Educación da Xunta de Galicia, a creación dun Conservatorio Elemental de Música en Noia que empeza a súa andadura nese mesmo ano como Conservatorio de Grao Elemental e autorizado para impartir as materias de grao profesional de música.
Debido á gran demanda de alumnado, de novas especialidades instrumentais e de profesorado, solicítase o Grao Profesional de música sete anos máis tarde, e será concedido no ano 1999, momento no que se transforma o Conservatorio Elemental de Música de Noia en Conservatorio Profesional de Música “Felipe Paz Carbajal”.
Dirección
Rúa Frai Xosé dos Santos 7,
15200 Noia
Curso 2025-26
Especialidades, profesorado e equipo directivo
Piano: Lucía Bustabad Abeledo, Juan Manuel Varela Louro, Mª Teresa Blanco Sánchez
Saxofón e Frauta Travesa: Ramón López Couso
Clarinete: Manuel González García (Secretario)
Vento Metal: José Ramón Ces Hermo (Xefe de Estudos)
Violín: Adolfo Carreira Pol
Violonchelo: Carme Tubío Barreira
Guitarra: Serafín Fernández Villanueva (Director)
Días non lectivos
Outubro:Día 31 (día do ensino).
Novembro: Día 3 (non lectivo).
Decembro: Día 8 (non lectivo).
Marzo: Día 19 (non lectivo) e día 20 (libre elección)
Maio: Día 1 (non lectivo) e día 4 (libre elección)
Vacacións de Nadal: Dende o 22 de decembro de 2025 ata o día 7 de xaneiro de 2026, ámbolos dous incluídos.
Entroido: Días 16, 17 e 18 de febreiro de 2026.
Semana Santa: Dende o 30 de marzo ata o día 6 de abril de 2026, ámbolos dous incluídos.
Exames
1º Trimestre: Dende o 24 ao 28 de novembro de 2025.
2º trimestre: do 9 ao 13 de febreiro de 2026.
3º trimestre: Do 11 ao 15 de maio de 2026 para alumnado de 6º profesional ou 2º de bacharelato. E do 28 de maio ao 3 de xuño de 2026 para o resto do alumnado.
Información sobre as probas de acceso
Curso 2025-26
- A proba de acceso para que perdera o dereito á aviación continua será o 8 de xuño de 2026.
- A proba de acceso a 1º de grao profesional será o 9 de xuño de 2026.
- A proba de acceso a 1º de grao elemental será o 10 de xuño de 2026.
- As probas de acceso a 2º, 3º e 4º de grao elemental será o 16 de xuño de 2026.
- As probas de acceso a 2º, 3º, 4º, 5º e 6º de grao profesional serán o 17 de xuño de 2026.
- Proba extraordinaria: 29 de xuño de 2025.
A inscrición farase nas oficinas de recadación do Concello de Noia (chamando por teléfono envían o impreso por email).